Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/08/10

El secreto del calígrafo

Ler un libro de Rafik Schami é viaxar ao mundo de Las mil y una noches da man de Sherezade para nos converter no Rei Shahriar. Case non se necesita ler: coa súa prosa chea de mosaicos podemos pechar os ollos e ser un personaxe máis da historia que pasea por Damasco e que, sobre todo, quere recuperar a habilidade do calígrafo e ser quen de construír tanta beleza. Entres as miles de historias e personaxes que camiñan por esta cidade atopámonos con que a arte da escritura é pura maxia e queremos saber máis. De aí a mágoa que sentimos cando rematamos a súa lectura, unha lectura que permanecerá bailando no noso interior moito despois de pechado o libro e comezado outro novo. Porque El secreto del calígrafo é un libro que consegue conquistarte, que se fai dono de ti mentres admiras e rexeitas unha sociedade árabe que descobres non tan semellante á idea que temos actualmente. O peor da historia: que remate. O mellor: o tapiz de personaxes, rúas, sentimentos, olores, soidades, costumes, imaxes.... cosidos con habelencia extrema e maior xenerosidade.


- ¿No es exagerado tener a tres mujeres viviendo en tres calles apartadas? -preguntó el farmacéutico a un amigo. (…)
- Mis esposas nunca vivirán lo bastante alejadas; al cabo de una hora se sacan los ojos –dijo el elegante invitado-. Aún sería mejor que tres océanos las separasen. (…)
- A mí tampoco me vendrían mal tres desiertos que me separasen de mi mujer –repuso el farmacéutico-, pero para nosotros los cristianos el matrimonio es único, como la muerte. Vuestro profeta era un hombre de mundo. Nuestro Cristo, un revolucionario; no tenía ni idea de mujeres.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.