Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/08/10

O desprezo da rúa

Unha mañá calquera, un home, na entrada dunha estación de metro de Washington, púxose a tocar o violín. Durante 45 minutos púidose escoitar a Bach. Por alí pasaron miles de persoas.
Quen primeiro quixo escoitar con atención foi un neno de tres anos. E tras este, outros. Os pais tiveron que os levar tirando deles con desesperación.
Nese tempo, o home conseguiu 32 dólares e tivo seis espectadores. Unha muller afirmou que o vira o día anterior e que o admiraba.
O violinista chámase Joshua Bell e foi filmado polo xornal The Washington Post. Dous días antes, Bell tocou nun teatro onde cobraban 100 dólares a entrada. Empregou en ambos lugares o mesmo violín: un Stradivarius de 3,5 millóns de dólares. A decepción foi enorme para este home: decatouse de que as persoas son incapaces de recoñecer a beleza se non se atopan dentro dos parámetros considerados normais para apreciar unha obra de arte. Xustamente este era o experimento: o xornal quería realizar un ensaio sociolóxico sobre o comportamento do ser humano. As persoas, ao pasar xunto a algo sublime, tendo outras ideas na cabeza (aquí tratábase do traballo cotián) non prestan atención, sobre todo porque o prexuízo de pensar que se alguén toca no metro é porque é un morto de fame pesa aínda máis.




Vía

20 minutos fixo o mesmo en Madrid con Ara Malikian, primeiro violín do Teatro Real:


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.