Esta árbore produce unha vez ao ano unha froita chea de zume chamada "amarula" que contén unha porcentaxe de alcol na súa semente dun 17%. O único problema é que escasea a auga, e os animais cómena... sen entender as consecuencias!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
12 comentarios:
Como que "sen entendermos as consecuencias"? Xa estamos cos típicos comentarios paterno-humanistoidistas. Nunca pensei ler tal desconcideración neste blogue. Esixo unha rectificación.
Agora ponnos un de xente (non humana) botando un canivete e volvede dicir que non entendemos as consecuencias. A vós si que hai que poñervos mirando para o río!
Creo que non entendiches a frase. Cando escribín "sen entender as consecuencias" referíame a que os animais non entenden por que non dan andado ou por que non se manteñen en pé. Creo que non entendiches a ironía. Sinto a túa molestia.
Ironía? Hai humanos que entendan a ironía? Por favor, Ronsel, non sigan expresando os seus prexuízos. Cando tomamos amarula sabemos o que tomamos e sabemos que imos abanar, e gústanos, e perdoamos o mal que nos fai polo ben que nos presta. Cada vez estou máis desconcertado coa xentiña humana... e mira que inzades, que dentro de pouco xa non deixades sitio!
Fíxome moitísima gracia o vídeo! Mándovos outro enlace: http://www.youtube.com/watch?v=wOijICvBB9Q
que gracioso este vídeo, mortal, vaia borrachera
levan unha tranca que non poden con ela! haberá que ir ata áfrica!
Como ían! vai haber que ir a África por algún froito para plantalo aquí
moi gracioso! jaja haberá que conseguir algunha árbore destas
menuda chea levan!!!
Espectacular o video, non sei como puidemos aguantar tanto tempo sen velo. Noraboa por el e coidade a eses animais que despois falan da xuventude...
vaia tranca levaban estes animais, tiñan mais vacile entre eles...jajajajajaja
A ver, señores temos que ir pola semente desa planta, para traela e plantala en Galicia e facer negocio, que estamos en crise.
Publicar un comentario