Como denominar esta obra de Miguel Brieva? Cómic? Relato ilustrado? Álbum gráfico? O que si podemos asegurar é que é mastodonticamente perfecta, de realidade abosoluta e crítica total e veraz. Miguel Brieva déixanos atónitos nunha obra redonda sobre o capitalismo consumista no que vivimos, debuxos e textos que abraian e que removen as nosas conciencias. Aínda que non só o neocapitalismo é o protagonista tamén está Deus, a infancia, as relacións de parella, a familia, Disney, o mundo... e os cartos por riba de todo.
Un libro para perderse nel, para ler aos poucos e para cavilar, sobre todo. Que boa falta nos fai.
Un libro para perderse nel, para ler aos poucos e para cavilar, sobre todo. Que boa falta nos fai.
2 comentarios:
Xa nos contaredes algo máis, é teu?
Non, non é meu. Prestáronmo no Carballiño, xa ves.
Publicar un comentario