Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/09/10

Fonchito y la luna


Con texto de Mario Vargas Llosa e ilustracións de Marta Chicote Juíz, Alfagura presenta Fonchito y la luna, un fermoso relato de primeiro amor e de búsqueda de ilusións. Non é un libro orixinal en canto ao tema: lúa e amor son vellos aliados. Pero a historia xunto coas ilustracións conforman un tándem fermosamente tenro, xa que a única meta é un beixo de casto amor... Que bonita é a inocencia non perdida!


8 comentarios:

Noemí dixo...

Este libro estivo moi ben, foi moi bonito, como el intentaba conquistar a rapaza.

yoli dixo...

este libro é moi romántico e bonito, unha verdadeira proba de amor para conseguir o amor da súa nena.

carmen dixo...

este libro é moi romántico que neno máis rico que fai calquera cousas por amor

Cris dixo...

Este libro paréceme super cuco, unha historia de amor fermosa...jeje

brais dixo...

este libro é moi romántico e moi realista

ivan dixo...

pareceume un bo conto porque ata que lle regalara a lúa non lle faría caso

rafa dixo...

este libro está ben porque Fochito conseguiu baixar a lúa

martin dixo...

este libro cóntanos a historia de amor entre dous rapaces.Ela pidelle a el que lle regalara a lúa

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.