Volve a choiva e o inverno e cesan os incendios. Por fin. Despois dun verán desastroso, de calor e nula prevención, podemos mirar o monte sen medo. Lembremos que cada verán asistimos ao mesmo desastre ecolóxico sen que sexamos quen de pór remedio. Neste vídeo filmado no Xurés, Cualedo, Negreira, Boiro e Brión por Pedro Armeste, Greenpeace quere testemuñar a traxedia deste ano. Aprenderemos? Dubídoo.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
18/09/10
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
2 comentarios:
Estes son os máis grandes que houvo, pero se nos movemos un pouco pola xeografía galega, atopamos moitos máis montes queimados dos que nin sequera se informaba por seren para eles superficies "pequenas"
Non podo comprender como hai xente que quere desfacer desta maneira a nosa paisaxe. Sinxelamente so quero dicir que hai veces no que o ser humano é moi cruel.
Publicar un comentario