Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/09/10

La muñequita de papá


Un cómic absolutamente desgarrador e esplícito este de Debbie Drechsler que nos roe as entranas. Abusos sexuais explícitos, sentimentos de culpabilidade, rexeitamento, medo, frustración, odio, noxo... sucédense nas poucas e suficientes páxinas deste cómic que nos fará tremer mentres o tenos entre as mans.
Se o tema da violencia sexual infantil é xa de por si escabroso, máis o é cando o violador da rapaza é o propio pai. Algo que marcará a vida, por suposto, da protagonista contada en once pequenos capítulos. Case circular na súa estratexia, unha nena que se converte en adolescente para ser violada por un coñecido, nunha espiral da que semella non poder saír. É tal o dano infrinxido que non é quen de enfrontarse con resolución aos medos e á violencia.
A pesar de todo, é unha obra delicada cuns debuxos grises distorsionados moi apropiados para o tema.
Editado por La Cúpula

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.