Que fermosura de libro! A historia, as ilustracións... cando o rematas, apértalo contra o corazón para sentilo máis de preto. Porque diso vai, claro queda polo título, a historia: de corazóns, ou da súa ausencia, que vén sendo o mesmo. Con texto de Arturo Abad e ilustracións de Gabriel Pacheco, Taller de corazóns lévanos da man a un obradoiro moi especial: un taller onde se deben reparar corazóns danados. E ao mesmo tempo o seu artesá esconde un segredo: un gran amor sen corazón. Como rematará a historia? Prégovos que a leades, porque, de seguro, vaivos encantar. É todo un tesouro de libro, tanto texto como ilustracións chegarán ao voso corazón.
Cando chega a noite e o silencio dos soñadores inunda a cidade,
do taller de corazóns xorden misteriosos sons, porque…
Matías ten un segredo.
Texto da editorial.
Cando chega a noite e o silencio dos soñadores inunda a cidade,
do taller de corazóns xorden misteriosos sons, porque…
Matías ten un segredo.
Texto da editorial.
33 comentarios:
Estes de oqo non paran de facer obras de arte
Totalmente de acordo. Cada un deles é un pequeno museo artístico
A min tamén encanyoume!A ver que din agora os nenos e nenas!
Pareceume bonito, eso si que e estar namorado de verdade
este libro é bonito, pouca xente demostra o que realmente sente
o libro está ben pero é algo trise.
gustoume porque é moi sentimental
Este libro foi o que máis me gustou de todos, aínda que ó principio era un pouco triste ,o final era moi bonito.
Gustoume moito este libro porque é moi semintemental..
O libro é algo triste pero gustoume
É un libro moi triste, pero a súa vez moi bonito. O rapaz demostra o amor por ela dándolle en cada corazón de cristal un anaquiño do seu =)
Este libro é moi fermoso e auténtico..é moi orixinal.
Gustoume moito o final do final do libro porque é moi bonito.
É moi bonito, a metade da xente pensa que sentir algo é unha parvada, pero se realmente sentes algo algunha vez será mellor que esa persoa o saiba.
Gustoumo moito o final do libro porque é moi bonito
Este libro é realmente bonito,expresa moi ben o namorado que está este home desa muller.Ela temén etá namorada del pero trátao con moita frialde.É no final do conto cando se ve ben o que se queren os dous.O final é o mellor.
Este libro é moi bonito pero tamén setimental
GUSTOUME moitísimo e ademais é moi bonito sobre todo como fai os corazóns.
E precioso porque demostra un amor verdadeiro xa que o home dos corazóns sacrificou o seu para a súa amada.
iso si que é amor,preciosísimo.
Este libro non me gustou comparado cos outros.
Gustoume moito máis que os outros, ao principio é moi sentimental e ao final precioso.
É un libro moi bonito...
ao principio é triste pero despois, esa muller que parece un toxo faise boa aínda que despois se volva toxo.
Este libro é realmente bonito,expresa moi ben o namorado que está este home desa muller.Ela temén etá namorada del pero trátao con moita frialde.É no final do conto cando se ve ben o que se queren os dous.O final é o mellor.
pois a min non me gustou porque os corazóns non sae do sitio
é moi bonito pero paréceme que non vale a pena poñer un cacho de corazón,asi morre.
este libro é moi bonito pero o que intenta é que unha muller teñ corzon
Este libro é moi triste e moi sentimental porque trata sobre un rapaz que vai repartindo os anacos do seu corazón....
É moi bonito pero tamen é triste porque o rapaz demóstralle o seu amor á rapaza entregándolle cada primavera un anaco do seu corazón oculto nun de crital.
A min gustoume moito este libro porque é moi bonito
este libro persoalmente non me gustou,non por nada,senòn que me pareceu unha parvada polo que a muller despois de dar o corazòn para o home e ela pasou de el e para leer un libro e acabar mal pois non o leo.
é precioso, encantoume
O máis bonito do libro é como fai os corazóns.Pero a nena non os acepta...E o día no que o neno morre ela preocupase por el...
Publicar un comentario