Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/10/10

Abelcebú

Teño un grave problema con este libro: onde o coloco? A carón do Dicionario Xerais? No lugar deste? No andel de poesía?
Fóra bromas, encantoume Abelcebú de Carlos Negro, publicado por Positivas, polo seu sentido do humor, por esa retranca que tanto amo e que escasea nestes tempos de deshumores e castelanizacións. Está claro que coa propia definición que o poeta nos ofrecera, intuiamos que o iamos pasar ben: "Abelcebú é un peido diabólico na parte traseira do sistema literario". Máis ca un peido eu diría que é un repaso actual da nosa sociedade. baixo unha ollada crítica e satírica. Algunhas veces linlle nas aulas algunha definición e encantoulles. Un alumno preguntoume se non llo ía mandar ler. Mandar? Non, lévao xa!. Claro que empezando por "Adolescente: dinamita hormonal dentro dun barril de pus".
Claro que tamén temos o noso famoso "Cocido: O de Lalín, capital city da comarca de Deza, gañou merecida sona, pois alimenta moi ben os intereses do caciquismo comarcal". Ou "Emporcallar: meter un fillo a político". E moitas definicións máis que serán seguro do voso interese.
Ah! Resolvín o problema: téñoo na mesiña de noite para ler de cando en vez algunha definición.
Deixádevos romper os esquemas!


3 comentarios:

paideleo dixo...

Terei que buscalo.

Ronsel dixo...

Douche a miña palabra: vas pasalo fenomenal!

feiradovento dixo...

a min tamén me prestou moito!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.