Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/10/10

Con Luis Alberto de Cuenca


O venres en Santiago asistimos a unha charla de Luis Alberto de Cuenca:
Os Camiños da Literatura.

Luis Alberto de Cuenca falounos dos seus camiños da Literatura e da súa experiencia como lector precoz. Digo precoz, porque comezou a contar todo o que leu aos seus 12 anos... e aí quedou: neses 12 anos que lle agasallaron miles de lecturas; creo que en ningún momento comentou que algunha deses libros que nos indicou como extraordinarios as realizase con outra idade!
Os camiños que lle interesan levan todos á Literatura: esta é un corpus de historias e personaxes que inspirándose na vida describen círculos concéntricos na súa contorna sen confundirse coa vida. Estas son algunhas das súas frases:
"Sexa cal sexa o camiño, este facémolo cun libro na mochila. Non hai un só día que non lle adiquemos uns minutos á lectura, en solitario ou compartida.
Os meus xoguetes preferidos foron os tebeos. Aínda hoxe sigo léndoo.
Asolágabame de paixón aventureira viaxando dun lado a outro envolta no manto protector da fantasía que me mantiña en primeira ringleira das butacas sen que me salpicasen nin o odio nin o sangue.
Ler é unha actividade interactiva por excelencia.
Ler a Shakespeare foi unha das cousas máis importantes que me teñen pasado na vida. Canto é o home está nos seus libros.
A poesía é un exercicio de introspección hoxe en día. O primeiro poeta que houbo foi Homero: na épica contéñense todos os xéneros literarios posteriores.
Os camiños trazados pola literatura ofrécennos a posibilidade de viaxar en sentido contrario: do razoable ao mítico".


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.