Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/10/10

Contos para nenos que dormen deseguida

Precioso libro publicado por Kalandraka de Pinto & Chinto: Contos para nenos que dormen deseguida son 28 relatos curtos, cheos de humor e maxinación. Cada historia presenta un protagonista diferente que nos sorprenderá precisamente polo seu afastamento cos contos clásicos, a base de chiscadelas cara a estes e con xiros sorprendentes, intelixentes e agudos que me encantan. Condensados en poucas liñas, cada páxina é ocupado por un conto con candansúa ilustración, acompañantes inquebrantables e necesarias destes contos que axudan a unha nova reflexión e a novos xiros máis que ocorrentes. Un libro para ter na mesiña de noite e facer exactamente o que recomenda o título: ler un cada noite. Aínda que sexa un sacrificio non ler máis.

A primeira montaña que houbo no mundo era unha montaña moi ambiciosa. A primeira montaña que houbo no mundo quería ser aínda máis alta do que era. Púxose a crecer, a crecer...


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.