Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/10/10

Desencuentros

Coma todos os libros de Jimmy Liao, Desencuentros é unha auténtica obra de arte onde atopamos poesía en estado puro e ilustracións que son cadros dun corredor nun museo calquera. Ilustracións que falan de soidades no medio das multitudes, de afastamentos estando pegados, de expresividade pictórica. Mentres, o texto confúndenos poeticamente sobre o destino que achega ou afasta ás persoas, fálanos de días cincentos e grises, de primaveras e de optimismos, de posibilidades imposibles. Un libro fermosísimo que retomaremos de cando en vez, que nos chamará desde os andeis da nosa biblioteca para repasar as ilustracións, para ver un novo detalle que anteriormente fuxira, para recrearnos na fermosura...

Ambos están convencidos
de que los ha unido un sentimiento repentino.
Es hermosa esa seguridad,
pero la inseguridad es más hermosa.



1 comentario:

belen rey dixo...

esto si que é amor¡¡ jajaj

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.