Case poderiamos dicir que este "diaño" de Jo Nesbo si que sabe manterte pegado á cadeira ata o final. Que xeito de manter a tensión, de contaxiarche a comezón, de saber como vai rematar todo!!!
Este último libro -publicado en español, posto que ten moitos máis- de Jo Nesbo, da Serie Negra de RBA, La estrella del diablo, é a terceira entrega do comisario Harry Hole, un policía atípico que coñecemos dos anteriores libros (imprescindibles para calquera amante de novela negra: Petirrojo e Némesis), polo que as explicacións que ás veces nos ofrece o narrador sobre o pasado de Hole resultan redundantes para aqueles que lle somos fieis seguidores. Cun fondo musical perpetuo, adentrámonos no misterio que toca resolver, pero o que realmente importa é chegar á conclusión do caso que nos quedara sen resolver no anterior libro e ver se Hole é quen de descifrar, descubrir e demostrar canto de apodrecido está o seu propio departamento. Porque esta trama é, realmente, a importante da novela que temos nas mans, unha especie de remate dos fíos soltos que nos deixara o autor na anterior entrega. E agora o tecido chega ao seu fin. E todo isto rodeado dunha tensión que ás veces antolláse insuperábel.
Teño que dicir, porén, que a pesar de non ser quen de realizar calquera outra tarefa non urxente por ver de rematar o libro, gustoume menos cós anteriores. Non sei se por telo xa idealizado este autor como un dos grandes do xénero negro, ou se por ter Petirrojo como unha das mellores novelas destas características. Pero paga a pena, sempre. Eu sigo a ser a súa fan incondicional.

Sen comentarios
Publicar un comentario