Vimos de rematar de ler en 3º de Diversificación Matilda, de Roald Dahl, un libro que lles gustou e que os enganchou, e que podemos ler en galego. Logo vimos a película. O incrible foi que lles gustou máis o libro, e iso a pesar do traballo que lles supón pasar as páxinas. Son remisos á lectura. Pero ben saben que é o que lles queda este curso. A ver se conseguimos que se enganchen! Para eles, os primeiros minutos do filme, ata que Matilda alucina na biblioteca.
Que saibades que en You Tube podedes ver completa a película, outra vez, se vos apetece.
8 comentarios:
estou moi de acordo porque eu lin o libro,e enganchou moito
A min gustoume máis a película que o libro porque aparecen cousas que no libro non saen.
gustoume moito porque foi o único libro que lin enteiro e despois a película xa foi o máximo, a min gustoume máis a película pero... para gustos colores
Este libro foi un dos que máis me gustou,encantoume foi moi divertido e emocionante , a película tamén me gustou.É un libro que engancha moito.
Matilda gustoume moito, paréceme moi divertido tanto o libro coma a película. Só que cambian moitas cousas, no libro pasan uns acontecementos e na película outros totalmente diferentes.Non ten nada que ver unha coa outra.
Matilda gustoume moito, paréceme moi divertido tanto o libro coma a película. Só que cambian moitas cousas, no libro pasan uns acontecementos e na película outros totalmente diferentes.Non ten nada que ver unha coa outra.
Matilda é un libro moi divertido e entretido,les un capítulo e xa estás a pensar no que fará no seguinte. Recoméndollo a todo o mundo,para que o lea que seguro que lle vai gustar.
O libro de Matilda foi moi entretido. A nena era moi valente, cariñosa, etc. Para mín gustoume moito máis o libro a pesar de que non me gusta ler moito.
Publicar un comentario