Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/11/10

Akerbeltz: as bruxas e o inquisidor

Curta de animación innovadora, tanto ténica como artisticamente, na que se aposta polo respecto aos Dereitos Humanos.
O 5 de novembro cumpríronse 400 anos dun dos máis impactantes casos de caza de bruxas da historia: o Auto de Fe de Logroño, proceso no que foron xulgadas as "bruxas de Zugarramurdi", mulleres diferentes, seguramente máis libres, que os seus contemporáneos non podían aturar.
A curta parte dunha historia real ben documentada e situada nunha época história concreta que rende homenaxe a todas aquelas persoas que foron ou son vítimas dos totalitarismos. Unha historia atemporal e para todos os públicos.
Unha mensaxe clara: condena dos fanatismos que chegan até os nosos días, o respecto á pluralidade e diversidade.



Vía

Por certo, teñen blogue e Facebook.

3 comentarios:

Biblioteca dixo...

Había tempo que tiña un comentario pendente neste que é un dos meus "blogues de cabeceira"; a verdade é que son tremendamente preguiceira para isto dos comentarios, e ben que me gusta que os deixen no noso blogue.
Para nós as curtas, as recomendacións de lectura, as guías e en xeral todo canto se publica en Trafegando Ronseis son referente. Algunhas das novidades da nosa biblio proceden dunha recomendación de Gracia, algunhas das miñas lecturas persoais tamén, así como valiosas contribucións a ver o mundo con outros ollos.
Hoxe souben que era debido facer este comentario, por moitos motivos, pero tamén porque o verán pasado visitei Zugarramurdi e quedei impresionada coas covas, co museo, coa historia daquelas mulleres, coas semellanzas daquela caza de bruxas e as cazas de bruxas que teñen lugar hoxe en día...
E atopo este documental, en Trafegando Ronseis, como non.
Graciñas polas vosas pingas e icebergs; só quería que soubérades que en Taragoña agardamos por elas e sempre son "do noso interese".

Unha aperta
Cova
Biblioteca Brea Segade de Taragoña

Ronsel dixo...

Déixasme sen palabras e chea de agradecemento pola túa xenerosidade. Que saibas que sen estas é difícil o camiño, ás veces semella case imposible.
Só teño unha e é máis sincera do mundo: grazas. Por todo. Seguiremos trafegando grazas a persoas coma ti que están ao outro lado.
Un bico enorme

Anónimo dixo...

citarei as fontes...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.