Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/11/10

Forcarei en Culturgal

Co alumnado de 3º de ESO estivemos o venres pola mañá en Culturgal: non podiamos faltar á festa da cultura galega! (E menos mal que fun ese día, porque hoxe coa neve os plans de volver trastocáronse). Aprendimos o que é a poesía visual da man de Branca Novoneyra, quen tamén recitou algúns dos seus poemas, e logo escoitamos o hip-hop de Fluzo que toleou ao alumnado alí presente. Un paseo pola feira, case en construción, axudounos a darnos unha idea de canto alí ía haber.


10 comentarios:

Román dixo...

Ese hip-hop de Fluzo!!!

Anima o alumnado a descargar os temas de Non Residentz, anterior proxecto de Hevy, en nonresidentz.com.

E o proxecto actual podes atopalo en Komunikando.net ou directamente en www.fluzeando.com.

saúdos

Anónimo dixo...

Interesante foto de Branca Petra Novoneyra e Iria Pinheiro....onde andaría eu????

martin dixo...

Divertido e interesante. Aída que os do colexi do lado me pareceron bastante imbéiles non lograron estropear a actividade.

Cris dixo...

Esta escursión foi moi divertida, a exposición dos libros era enorme había moito onde escoller e con respeto a actuación de hip-hop e aos poemas de Branca estiverón ben só que a lectura dos poemas foi moi aburrida, moi sosa.

rafa dixo...

aburrinme moito coa tipa pero despois animeime algo co tema do hip-hop

iván dixo...

estivo xenial! branca non pero fluzo é o xefe...

brais dixo...

o contido da visita a Pontevedra non me gustou moito o único que salvo é a feira...

vanesa dixo...

Esta escursión estivo bastante ben aínda que os poemas de Branca non me gustarón nada,polo demais estivo moi ben.

Noemí dixo...

Esta excursión estivo bastante ben pero os poemas non me gustaron moito, o mellor ocorreu cando tivemos algún tempo libre.

carmen dixo...

non me gustou o recital nin como bailaba Branca, a actuación de malandromena estivo bastante ben, en resumo, foi unha mañá entretida

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.