Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/11/10

La mejor familia del mundo


La mejor familia del mundo de Susana López e ilustrado por Ulises Wensell, publicado por SM, lévanos da man aos medos e fantasías dunha nena que vive nun orfanato e que vai ser adoptada. Un fermoso libro que recibiu o Segundo Premio no 2º Concurso Internacional de Contos para Nenos de Imaginaria e EducaRed.
Recoñezo que me chamou a atención polo título e a información da contracapa: unha nena que agarda a súa propia adopción. E isto supón a vertixe real mesturada coa lectura tenra do libro. E gustoume a xenerosidade do amor que reflicte, así como a felicidade contida en pequenos tarros que non precisan de grandes fazañas.
Creo que é un libro moi recomendable.





8 comentarios:

carmen dixo...

é un libro moi bonito que de algún xeito o seu desexo cumpriuse de ter unha boa familia

Cris dixo...

Este libro gustoume moito, pareceme moi bonito que ao final a nena encontrara a familia que tanto desexaba.

martin dixo...

Paréceme un libro moi fermoso e moi fácil de comprender

yoli dixo...

este é un libro moi bonito,os seus desexos da familia perfeta fanse reais nunha soa familia,todo se pode facer realidade.

iván dixo...

este conto ten moita imaxinación porque a rapaza quería ter unha familia que fixera de todo.

rafa dixo...

este libro gustoume porque de soños tamén se vive e a esta nena en certa parte cumprironselle

vanesa dixo...

Este libro foi bastante bonito é entretenido , sobre todo gustoume o seu final.

Noemí dixo...

Este é un libro moi bonito, gustoume porque acaba moi ben.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.