Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/11/10

Melodía en la ciudad



Edelvives volve deleitarnos coa publicación deste marabilloso e enorrrrrrrrrrme álbum ilustrado froito da palabra e da ilustración dun autor que nos ten namorad@s desde hai moito: Benjamin Lacombe, autor do inesquecible Los amantes mariposa e que agora volve con forza con este Melodía en la ciudad, unha obra sobre o amor por riba de diferenzas sociais, étnicas, e en contra dos prexuízos. As ilustracións son deliciosas, en gran formato, asolagando os nosos sentidos. A historia é unha historia de igualdade e dozura. Queredes algo máis? Claro, posuílo! Non pode ser doutro xeito!


10 comentarios:

Lúa dixo...

Me lo pido

Cristina dixo...

Este gustoume moito, porque a idea de facer o que en realidade queres vale moito, e ademais trata dunha historia de amor.

carmen dixo...

este libro é preciosisimo, é uns dos millores que nos leu a profe

martin dixo...

Este libro fálanos do don da música que descobre un rapaz ao namorarse dunha xitana.Gustoume xa que é bastante emocionante

yoli dixo...

este libro é bonito,o amor que hai entre os rapaces non entende de razas

iván dixo...

non me gustou moito este libro a verdade...porque ao rapaz non lle deixaban ver a súa amiga.

brais dixo...

gustoume pola lección que lle dou o fillo aos pais que podes ser amigo de quen queiras sen ser malo para ti.

vanesa dixo...

A verdade é que este libro foi o segundo dos que lin que máis me gustou ata haora.

Noemí dixo...

É moi bonito,trata da música e tamén do amor entre un neno e unha nena.

rafael dixo...

gustoume porque por amor conséguese moitas cousas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.