Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/11/10

Non á violencia contra as mulleres (CLXX)


Hoxe, que está achegándose o Día Internacional contra a violencia contra a muller, debemos denunciar o maltrato psicolóxico que sofren moitas mulleres. As "outras maltratadas" que moitas veces non son quen de racionalizar a súa propia situación. Como identificar o maltrato psicolóxico?
A arma que empregan, coa que feren e matan, é a palabra. O maltrato psicolóxico non aparece dun día para outro na parella, pero unha vez que se instalou é permanente e sistemático. Comeza cunha fase de sedución, porque busca mulleres fráxiles ás que lles dá seguridade. Aprovéitase da admiración que a muller sente por el e da imaxe bondadosa que ela lle devolve e que el necesita para o seu narcisismo. Pouco a pouco a muller vai anulando as súas defensas e xa non pode rebelarse. A partires dese momento, a vítima pasa a unha relación dependente e amosa o seu coñecemento. Comeza a dominación, o "outro" xa no é un igual.

Lede o artigo de María Braganza: O maltrato psicolóxico.

Habeas Corpus canta "Nacida para ser de un salvaje":



Canal de Fundación de mulleres.

Educar en igualdade.

Malos tratos. org.

2 comentarios:

Cristina dixo...

Moi interesante o artigo do enlace. Moitísimas grazas.

Ronsel dixo...

Grazas a ti Cristina. Era unha das nosas imprescindibles.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.