Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/11/10

Non á violencia contra as mulleres (CLXXVIII)

Temos tanta sorte cos nosos lector@s que en moitas ocasións deixan de selo para se convertir nos nosos colaboradores. É o que ocorre desta volta con Xabi, unha persoa que xa sentimos da casa grazas á xenerosidade dos seus comentarios. Queremos darlle as grazas, a el e a outras persoas que deixan de ser anónimas para camiñar ao noso carón.
O día 25 de novembro recomendábanos este vídeo con estas palabras:

Para conmemorar o día contra a violencia machista mandeilles aos meus coralistas esta ligazón.
Non sei se coñecedes a película "Tierra da ángeles". Nela un coro popular, aló na fría Suecia, cambia a vida dos habitantes dunha aldea e contribúe á solución dun caso de maltrato.
A canción fálanos da recuperación da autoestima que a protagonista tiña francamente polo chan, coma adoita acontecerlles ás mulleres maltratadas.






Non deixedes de ler este artigo: De la mujer-mujer a las feminazis y el maltrato. Estes artigo levoume a estoutros dous polos comentarios.

Este é o cartaz que elaborou o Concello da Coruña:


Un día para dicir SI.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.