Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/11/10

Ollo ás medidas

Beach Policeman - Washington DC - 1922



Un policía en Washington, Bill Norton, medindo a distancia entre o xeonllo e o traxe de baño na praia Tidal Basin, despois de que o coronel Sherrill, superintendente de Edificios e Terreos Públicos, emitira unha orde que establece que o traxe de baño non debe superar (= empezar máis arriba) as 6 pulgadas por riba do xeonllo.

1 pulgada= 25.4 mm

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O policía vaise poñer as botas... e as mozas fan trampa: se se inclinan cara adiante, o borde da saia baixa un chisco. ¡Que tempos!

xabimusic

Ernesto dixo...

O look do poli é auténtico!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.