Veño de velo no blogue d' A Profa e recólloo:
ProLingua, plataforma pola defensa e promoción da lingua galega, comeza unha campaña, baixo o epígrafe de ProLingua Ciberactúa. A cousa consiste no envío masivo de cartas ou mails a institucións ou empresas que discriminan claramente o galego. Neste caso comezaremos por Gas Natural que, sendo unha empresa que absorbeu á galega FENOSA, ofrece a súa web en castelán, catalán e inglés, pero non en galego.
Envía cartas ou mails ou ben chámaos por teléfono esixindo que a lingua galega tamén sexa idioma de interlocución entre a empresa e os ses clientes galegos.
- Formas de contacto con GAS NATURAL FENOSA:
Enderezo postal: Gas Natural SDG, S.A., 2008 Plaça del Gas, 1 08003 Barcelona Páxina web de atención ao cliente on line Teléfono de atención ao cliente de Unión Fenosa: 901 380 220 Teléfono de atención ao cliente de Gas Natural: 902 200 850
Moitas grazas pola túa actuación a prol da nosa lingua!
Sen comentarios
Publicar un comentario