O luns pasado Antón Riveiro Coello tivo a xenerosidade e amabilidade de compartir connosco algunhas das horas docentes. Primeiro reuniuse co alumnado de 2º de ESO, quen previamente lera A voz do lago, e logo foi á aula de 4º de ESO para falar de A Quinta de Saler. Somos conscientes de que nos fixo un gran favor ao non dubidar en ningún momento en aceptar a nosa suxentión-invitación de vir a un centro pequeno con pouco alumnado para que este puidese coñecelo e, todo hai que dicilo, gozalo. Porque hai que engadir que o resultado foi excelente: o tempo non chegou a nada. Ademais, dous dos meus nenos de 3º de Diversificación estreáronse como presentadores... e non o fixeron nada mal!
Eu, pola miña parte, agradézolle ademais esas horas de lecer que logo compartimos e aproveitamos para falar, maioritariamente, de libros.
Desde o noso recuncho, grazas, moitas grazas, Antón, pola túa xenerosidade.
Eu, pola miña parte, agradézolle ademais esas horas de lecer que logo compartimos e aproveitamos para falar, maioritariamente, de libros.
Desde o noso recuncho, grazas, moitas grazas, Antón, pola túa xenerosidade.
16 comentarios:
¡Que atentos e atentas se lles ve! ¡Que formalciños!
Para que logo despotriquen contra a nosa xuventude...
¿E non terá moito que ver nesta actitude a actitude do seu profesorado?
Hai moitas formas de avaliar o clima dun centro ou dunha aula e este vídeo é unha delas. E o resulta é sensacional.
Parabéns
Moito ánimo. Xabimusic
xabimusic
Procuramos facelo o mellor posible, pero pódoche asegurar que este alumnado de Forcarei é do melloriño que hai: son xente moi nobre.
Pero moitas grazas polas túas palabras. Quédoche moi agradecida.
Saúdos afectuosos
Que bos recordos regresan a miña mente ao ver estas imaxes!
Eran outros tempos...jeje
si, Cristina, semella que pasaron moitos anos, verdade?
Semella...
Unha aperta!
foi unha charla moi divertida e Antón é un home moi simpático
é unha persoa moi alegre, simpático, a súa charla foi moi entretida
Esta charla foi bastante divertida, porque Antón Riveiro é moi simpático, paseino bastante ben.
a visita estivo moi ben...porque a historia que nos contou a min fixome graza
Pareceume unha actividade moi agradable grazas a que el é un home moi simpático.Aparte do libro tamén nos falou un pouco da súa vida e é moi interesante.
Antón pareceume boa persoa e simpático,contounos anécdotas sobre o libro e sobre a súa vida,estivo ben
Antón pareceume unha persoa moi agradeble , simpático é divertido , en resumen a charla encantoume.
Antón é moi boa persoa,por iso a charla foi moi agradable e aparte de falarnos sobre o libro tamén nos contou algunha anécdota súa.
Pareceunos moi divertido, simpático. Es la leche!!!
Era moi interesane todo o que dicía. Sorprendeunos, porque pensabamos que ía ser aburrido e demostrounos que os escritores non teñen por que selo.
O autor foi moi divertido e simpático e a charla foi moi entretida.
Ai este home non sei... Moi perverso iso si jajajaja e todos saben porqué o digo... As vellas do seu pobo... Se facía certa cousa coa muller... E el que contestou que se se deixara... jajajajj
Publicar un comentario