Pediume o outro día un lector deste blogue que recomendase algún libro sen palabras. E non se me ocorre mellor elección ca este, do que se vén de saber que é un dos 10 mellores libros ilustrados do ano 2010, segundo The New York Times.
Sombras de Suzy Lee é un libro sorprendente, como todos os desta autora. Publicado, como non, por Barbara Fiore. É impresionante a habilidade que amosa esta autora en todos os seus libros para nos contar miles de historias en cada un deles, todos tan atractivos e suxestivos, tan fermosos e tan plenos. E aínda que puidese parecer que todos eles se semellan, cada un é diferente e incrible, deses libros que che apetece mirar de cando en vez para mergullarte nos seus soños. Uns soños que acaban sendo teus, como a imaxinación, como o poder das ilustracións que Suzy Lee nos agasalla.
Imprescindibles.

6 comentarios:
Xa mirei o libro de Suzy Lee despois dos seus consellos. E digo eu que é un libro interxeracional porque vale para tódalas idades.. Coma eses xogos didácticos que poñen: de 8 a 80 anos...
Para quen non creo que sexa aínda útil é precisamente para Martina. Pero xa medrará.
Reitero as miñas grazas.
Xabimusic
Seguirei pensando libros desas características. Tan pronto o lembre ou os atope colgareinos.
Saúdos
É que eu estou convencido de que a afección lectora adquírese coma a fala: desde o berce. A fala, polo oído e a lectura, polos cinco sentidos. E ámbalas dúas, polo sexto sentido: o afectivo.
Aínda hoxe Lola, a señora que axuda a cuidar a Martina, me comentaba desde a súa sabiduría popular, que o importante era que medraran rodeados de libros e nun ambiente lector.
Pois ben, desde fai un par de meses, na casa dos avós Martina xa ten a súa BIBLIOTECA que manipula con total liberdade e que vai medrando día a día. Que vai medrando con ela.
P. S. ¡Perdón, unha vez máis, por estas efusións de avó primeirizo!
Saúde para todo@s
Xabimusic
Agardo con impaciencia cada día a túa efusividade de avó lector. Estes dous días estiven nun Simposio sobre o libro e a lectura, onde eu dei un relatorio, e falei de ti!!! Síntome moi honrada de ter ao outro lado. E agora cando miro os álbums tamén penso na túa neta, que medra rodeada de sabedoría e amor. Que sorte ten! É fantástica a idea da biblioteca. Precisamente unha das ponentes do simposio falaba de que pedían ás mamás que lles lesen desde que estaban dentro da barriga.
Saúdos afectuosos
¡Que fermosas palabras! ¡Que orgulloso me sinto!
Só quería confesar algo que seguramente xa se descubriu: a expresión "aprender a ler cos cinco sentidos" non é miña. ¡Síntooo! É o tíduo dun fermoso libro de Victor Moreno (coma tódolos seus libros). O que acontece é que agora estouno a vivir e a experimentar directamente con Martina.
Só era iso.
Saúde para todo@s.
xabimusic
Lembrei esta mañá que nos presentaron tamén uns libros idóneos para a idade da túa neta, míraos neste enderezo:
http://www.kalandraka.com/index2.php?seccion=ficha_coleccion.php&id_padre=6
E un agasallo para ti: O libro máis fermoso do mundo mundial sen unha soa palabra:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2007/09/emigrantes.html
Saúdos libreiros!
Publicar un comentario