Cando Colmeiro de Follas Novas me "manda" mercar un libro sei que vai acertar. Este venres, ao entrar, púxomo nas mans. Como sei que non podo nin protestar, merqueino. Terei que lle comentar que unha vez máis tiña razón; medo me dá!
Nesta ocasión a novela negra vén de Dinamarca (non saímos do norte), da man de Maeva e da pluma de Jussi Adler-Olsen. Polo visto, será unha serie, como adoita suceder coas novelas negras, xa que o título é Departamento Q. La mujer que arañaba las paredes, pero logo engaden "El primer caso del Carl Morck y su departamento especial Q". Como boa novela negra engancha desde o principio. Neste caso desde o a primeira liña, pois quedas con ganas de indagar que ocorre. E ademais da trama, da acción, dos personaxes, a min encántame o sentido do humor que ás veces destila, arrincando máis dun sorriso, mesmo algunha gargallada, ao lector. Porque o personaxe do axudante é realmente bo. E porque o protagonista subinspector ten unha sorna do máis peculiar.
Quizais saibades dende pronto quen é o asasino. É o de menos, posto que non sabes como vai rematar. E iso é un aliciente máis.
Se vos gusta a novela negra non a deixedes pasar.
Quizais saibades dende pronto quen é o asasino. É o de menos, posto que non sabes como vai rematar. E iso é un aliciente máis.
Se vos gusta a novela negra non a deixedes pasar.
6 comentarios:
Tíñame boa pinta, agora xa non me queda outro remedio que mercalo...
Este é o que che dixen aí atrás que me regalaran no meu cumpleanos. Non lin o comentario por que sendo novela negra non quero que me desvelen nin o nº de páxinas. Pero se o pos é porque che gustou........será o seguinte na mesilla.
Anotado queda. E para compensar fagóche dúas recomendacións tamén de novela negra:
"Tuya" de Claudia Piñeiro. Lembras? a de "Las viudas de los jueves". Con toques de humor. Lese nunha tarde.
Y a Philip Kerr,coñécelo?. Eu estou lendo a "Trilogía berlinesa" e penso que che vai gustar. Un Marlowe alemán.
Marga
Anoto "Tuya". Os outros xa os lin hai tempo:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2008/09/violetas-de-marzo.html
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2008/10/requiem-alemn.html
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2008/09/plido-criminal.html
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/03/una-investigacion-filosofica.html
Moitas grazas pola axuda, querida Marga. Seguimos no novo ano, non?
Un beixo ben grande
Remateino....onde vai xa! Gustoume, gustoume....
Alédame compartir contigo as lecturas, Ernesto
Publicar un comentario