El Jinete Azul ofrécenos este delicadísimo e doce álbum de Gustavo Martín Garzo con ilustracións de Beatriz Martín Vidal: El pacto del bosque. Só a portada incita a lelo, porque as ilustracións conseguen ser dunha fermosura que talmente cada dobre páxina é un cadro exposto no corredor de calquera museo. Se o texto é de Martín Garzo, sabemos que a elección é axeitada. Con este, volvemos ao mundo da natureza e dos animais, e sobre todo ao amor. Mellor dito, ao Amor.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
11/12/10
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
6 comentarios:
Este libro non é feo, pareceme interesante que os dous coellos conseguiran que os lobos deixaran de perseguilos para comelos, iso foi grazas ao coello Lambetón que curou a unha loba gris dunha cegueira.
Este é un libro magnifico cunhas ilustracións preciosas
este libro é fermoso, a histoía que conta é moi bonita e os coelliños non podían ser máis cucos.
este conto trata de dous coelliños que se perderon e encontran a unha loba a punto de ter lobiños que non vía e axudáronlle. A historia é moi entretida e moi bonita
a min non me gustou moito porque non é moi crible
pois este libro está moi ben debuxado e tamén é unha historia moi bonita
Publicar un comentario