Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/12/10

Fronteiras

Vin este documental e, claro, pedinlle permiso a Cibrán para traelo ata aquí. Porque non hai quen lle faga a competencia a este home, que dende que comezou a falar déixanos abraiados... Xa sabía eu cando o coñecín que podía dar moito de si!
Este documental realizouse no ano 2006: un dos informantes comenta que a situación sociolingüística é comparable á que se vivía en toda Galicia hai 30 anos. Estamos a falar da fronteira con Galicia, en Asturias.



4 comentarios:

Cibrán dixo...

Nin que fixera eu o vídeo!
Grazas

Ronsel dixo...

Home, se te pos...

luísa dixo...

Marabilloso vídeo que nos explica o absurdas e artificiais que son as fronteiras, sexan administrativas, lingüísticas ou de calquera outra índole.

Obrigada, Trafegando. Sempre dades no cravo.

Cristina dixo...

Precioso, xa me pusen ao día, Ronsel...que como se despiste una un anaco xa hai que facer horas extras para seguirche...Boas noites !

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.