Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/12/10

Malena Ballena


Libros del Zorro Rojo edita este delicado álbum de Davide Cali con ilustracións de Sonja Bougaeva: Malena Ballena. Un tema difícil de tratar que xera unha personaxe entrañable e que afonda no exercicio do respecto e da autoestima. Imprescindible nos coles. Que importa o físico? Ser gordo, baixo, rubio? O álbum ensina a ser feliz asumindo como se é, digan o que digan os demais. Imposible non sorrir ao rematalo.

Somos lo que pensamos que somos. Para nadar bien, debes pensar que eres ligera. ¿Crees acaso que el pájaro o el pez piensan que pesan mucho? ¡Por supuesto que no! Así que si quieres ser ligera, piensa que lo eres. ¡Inténtalo y verás!


8 comentarios:

yoli dixo...

Pareceume bonito pensar que os teus soños se poden facer realidade

Cris dixo...

Este libro esá ben, ensínanos que non podemos xulgar a xente por como é ou polo simple feito de que non sexa como nós pretendemos ou queremos que sexa.

vanesa dixo...

Este libro gustoume moito e ademáis foi moi divertido.

martin dixo...

Este é un libro moi sinpático e moi sonxelo

Noemí dixo...

Este libro gustoume e tamén foi moi divertido.

iván dixo...

este libro non está mal porque utiliza moito a imaxinación

rafa dixo...

aprendín que por ser gordo non ten por que ser unha dificultade

brais dixo...

Estivo bastante ben.É moi divertido,só que ao principio métense moito coa rapaza

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.