Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/12/10

Na punta do pé


Se algún libro me chamou a atención en Culturgal foi este de Kalandraka. Tanto, que o bo de Ricardo deixoume unha "proba" porque non tiñan ningún libro listo para me deixar. E así llo levei á profe de música do centro, a quen, como era de esperar, tamén lle encantou.
Contén un CD e mais un DVD para aprender cancións e bailes do patrimonio tradicional galego e portugués. As ilustracións que acompañana a Pesdelán son do portugués João Vaz de Carvalho. Cito:
"Dous anos despois da súa creación esta é a primeira gravación desta formación cuxos compoñentes foron ou seguen a ser parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, Leilía, Alfolíes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán. A proposta didáctica de Na punta do pé está dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade".



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.