Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/12/10

Non acepto libros!

Así de triste é a reacción deste neno ao recibir un libro de agasallo. Os risos dos pais son máis preocupantes:



10 comentarios:

Montse dixo...

¡Ostras! Sin comentarios y yo lo dejaría sin juguetes!
¿Que son estas exigencias? ¿Donde esta su agradecimiento?

La secre dixo...

se ti foses o rapaz terias un sorriso de orella a orella

Ronsel dixo...

Si, a verdade é que o neno resulta odioso. E si, Enmma, eu sería a máis feliz do mundo!

Xabi dixo...

Atinas plenamente Ronsel ao poñer a carga da proba nos risos estúpidos dos pais. Velaí o problema...

Cristina dixo...

De donde sacaches esa perla? Ata ten cara de gilipollas o neno... (por favor o de gilipollas e so para ti, non o publiques)

Xabi dixo...

Sobre o papel dos pais na educación lectora vouvos contar unha anécdota recente.
Falando en clase de inglés coa teacher sobre rutinas diarias saíu o tema da lectura. Entón ela confesou que non lle gustaba ler e que non lle deixaba tocar os libros á sua filla de 22 meses "porque llos rompía".
Eu manifestei entón a miña extrañeza pola diferencia coa miña Martina (casualmnente da mesma idade): Martina xa ten a súa propia biblioteca que manipula con plena liberdade. E nunca, nunca se lle ocorre romper un libro. Xoga con eles, pasa as follas vinte veces para adiante e para atrás cunha precisión que me asombra sinalando os debuxos que coñece, cambia de libro e deixa o anterior no seu sitio... Ah, e cada vez que vou á súa casa, o primeiro que fai e collerme da man e levarme a súa biblioteca para que lle lea un "bibo".
Evidentemente Martina será unha lectora que agradecerá que lle regalen libros...

P.S. Perdón, unha vez máis, polas miñas efusións de avó chocho.

Ronsel dixo...

Xabi, de avó chocho, nada. Dá gusto pensar nesa nena coa súa biblioteca. Alucino co que me contas desa "teacher". Que triste!!!

Ronsel dixo...

Cristina, perdoa, pero tiña que publicalo. É que é verdade que ten cara de gili...

Niño da Curuxa dixo...

Engado o meu comentario de madriña chocha ao do avó. O meu afillado vai facer dous anos. Cando na gardería lle preguntaron á nai cal era o xoguete favorito de Dani ela tivo que dicir a verdade: un libro. A verdade é que ten moreas de xoguetes, pero cando chega alguén á casa o primeiro que fai é levalo da man para que colla un libro e llo lea. A min tamén me cae a baba... E iso máis que risa dá un monte de felicidade...

Biblioteca IRIS. dixo...

Non son racista pero tiña que ser un americanito.
María Dolores

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.