Recoñezo que lin este libro ante a recomendación máis que afervoada de Chus Pato. Seguramente se non fose así non chegaría a el, posto que se vexo "ciencia-ficción" penso que non me vai gustar. E debo engadir que nun principio me custou, pero que procurei seguir lembrando as palabras de Chus para avanzar na lectura.
Antón Lopo en Obediencia (publicada pola editorial Galaxia) debuxa un futuro de Galicia que vén sendo unha metáfora do moito que está a ocorrer e do que é o ser humano atemporal. Estamos no século XXII e Galicia é unha república con sé en Compostela, aínda que tamén veremos os territorios do arredor baixo o nome de Alemparte. Entre as descricións detalladas para dar verosimilitude, os personaxes que alternan simultaneamente a súa historia e a importante relación entre eles, os lugares recoñecibles, a volta atrás para falar dalgúns dos nosos escritores, a importancia da matemática como nó central da acción, a reflexión sobre a antítese obediencia/desobediencia... o autor déixanos algunhas perlas que provocarán máis dun sorriso ao lector:
"Nos derradeiros anos da monarquía, o nacionalismo centralista tratara de frear os idiomas cooficiais cunha lexislación restritiva que introducía o inglés de lingua vehicular no ensino. O efecto foi o contrario do que se buscaba: a comodidade do novo idioma e o peso engaiolante da cultura anglosaxoa gañaron terreo rapidamente e acortellaron o castelán en primitivas aldeas da montaña cántabra" (pax. 210).
Así que, non podía ser doutro xeito, rematamos o ano recomendándovos literatura galega e unha novela que, de seguro, daravos moitas sorpresas.

1 comentario:
Non o lin nin creo que chegue a lelo pois tampouco eu gosto da cienciaficción...
O que si penso é que no século XXII os humanos non serán tan distintos dos de hoxe en día.
Hai unha constante, hai un algo imperturbable na especie humana que perdura e non está sometido aos cambios coxunturais.
É o que sentimos cando lemos os clásicos greco-latinos, por exemplo. Homero é tremendamente actual ou as traxedias gregas non digamos.
Publicar un comentario