Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/12/10

Por levar pantalóns

Unha moza de xeonllos, berrando e chorando mentres dous policías danlle latigazos por todo o corpo mentres un bo grupo de persoas observan.
As palabras? Un dos policías di "deben ser 53 latigazos". Non sei se o mesmo ou o outro: "Encerrarémoste no cárcere dous anos se non te pos de xeonllos no chan".
Webs locais de Sudán apuntan a que este cruel castigo foi imposto porque a moza levaba pantalóns.
Ah! Si, estamos no século XXI... case o esquezo.


4 comentarios:

carmen dixo...

é unha historia malísima porque non teñen dereito a facerlle o que lle fan a esa muller, son culpables os que o fan e os que miran, había que facerlles o mesmo ata que...

yoli dixo...

penso que nós temos moitos privilexios e non nos damos de conta,con vídeos coma estes dámonos de conta do que sofren moitas mulleres pola sinxela razón de levar pantalóns .trátanas peor que animais e non é xusto.

Cris dixo...

Paréceme fatal este vídeo, é fortísimo, non poden tratar así ás persoas porque todos temos dereitos, e dá igual se somos ricos ou pobres, altos ou baixos, feos ou guapos. Porque se algo non queres que che fagan non o fagas ti tampouco, e se queres que te respeten respeta ti primeiro.

luísa dixo...

Sinto unha dor profunda cando vexo a crueldade destes homes que se senten co dereito de maltratar e humillar ás súas iguais. Detrás está o convencemento transmitido de xeración en xeración de que teñen dereito a facelo. Como a lapidación, a ablación, o rociar con ácido...
Sinto rabia e impotencia polas miñas compañeiras de sexo que teñen que sufrir estas inxustizas terribles.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.