Ediciones Ekaré agasállanos con este fermoso álbum de Lawrence Schimel ilustrado por Alba Marina Rivera: ¡Vamos a ver a papá! fala do drama da emigración: nostalxia, medo, dúbida, tristura, sensabores, morriña, dor, ilusión, baleiro... miles de sentimentos, algúns deles encontrados, reflíctense neste fermoso álbum que debe estar presente nas bibliotecas escolares. Porque os álbums infantís tamén teñen que tocar este tipo de temas, e este faino con gran delicadeza e sensiblidade. Quizais porque os autores coñecen de primeira man o que se sente. As ilustracións complementan perfectamente o texto, sendo esenciais na súa delicadeza e claridade.


Sen comentarios
Publicar un comentario