Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/12/10

Versos que el viento arrastra

O autor de Versos que el viento arrastra é Karmelo C. Iribarren, acompañándoo coas ilustracións Cristina Müller. Publicado por El Jinete Azul. Outro fermoso libro de poesía moi axeitado para todas as idades que comeza así:

los libros
no son para mirarlos,
son para tocarlos,
abrirlos,
y leerlos

que es como entrar en ellos

Entón, pouco podemos engadir, non si?. Que é un libro para gozar, para deterse nas ilustracións, para ler demoradamente, para sentir cada palabra, cada verso, cada poema. Para telo preto de nós, porque de cando en vez reabriremos algunha das súas páxinas e a nosa ollada recreará unha ilustración, unha palabra... que case se nos esquecera.
Ollo! Non vos deixedes enganar! Iso de poesía para nen@s é unha metáfora: cada lector é un neno ou unha nena que amará este libro. Porque nos fala das cousas cotiás que están ao noso arredor. Porque forman parte de nós, adultos e adultas que necesitamos da poesía para sobrevivir.

Cuando llueve sobre el mar
a las gotas les parece
que bajan a visitar
a un pariente millonario





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.