David Mazzucchelli é o autor de Asterios Polyp, publicado pola editorial SinSentido. Novela gráfica que é unha auténtica marabilla merecedora de diversos premios.
Unha historia na que cabe todo, dende os mitos clásicos ata a desilusión, pasando pola arte, a arquitectura, o egocentrismo, a actitude pedante, a soberbia, a arrogancia, a desesperanza... e a baixada aos infernos. A min pareceume boísima. Un cómic (?) que presenta a dualidade do ser humano facendo que sexa un irmán xemelgo morto quen conte a historia para poder chegar a entender ao individuo egocéntrico que temos enfronte na maior parte das ocasións. O xogo das cores, a desestrutura, a face arquitectonicamente debuxada... todo semella parte dun plano estratexicamente cavilado para ofrecer ao lector unha novela gráfica contundente.

Sen comentarios
Publicar un comentario