Outra raíña maga agasalloume este libro. Un libro que estaba na miña lista de "desexables" pola choiva de críticas positivas que me chegara del. E como adoita suceder nestes casos, non me gustou tanto como agardaba.
Daniel Glattauer é o autor de Contra el viento del norte, publicado pola editorial Alfaguara. Si é certo que é unha novela entretida, que se le rapidamente, que resultan máis ou menos atractivos os seus personaxes; creo que o seu éxito vén dado precisamente pola "cotidianeidade": unha correspondecia amorosa afastada de romanticismo vía internet de dous descoñecidos: calquera pode ser o protagonista. Pero creo que tamén é unha novela que esquecerei en pouco tempo, porque non deixa pegada; e segundo me confesou a propia raíña maga, a segunda parte é bastante peor e non ma recomenda. Ademais, considero de bastante mal gusto que a última páxina do libro che indique que o final está precisamente nese segundo libro titulado Cada siete olas. Nalgún lugar lin que é "unha novela lixeira". Pois iso.
En certa medida, quedei un pouco farta da personaxe feminina. Das súas indecisións, desa tormentosa relación vía e-mail que non sabía como rematar. Das súas paranoias e dun sarcasmo con pouco gusto. Quizais compoña unha historia romántica (andamos necesitad@s delas?) e non moi pastelosa, pero recoñezo que ata chegou a cabrearme nalgúns momentos.
Un tanto decepcionante.

10 comentarios:
Pois aí vai o meu comentario. A min resultoume entretida. Unha desas novelas que te "enganchan".
O conflito psicolóxico das persoaxes paréceme ben elaborado e dun realismo tanxible.
E, desde logo, tremendamente orixinal a situación
¡Que se lle vai facer! Non sempre imos coincidir.
Bicos
Estaba escribindo a opinión e pensando en ti, pois sabía que che gustara moito.
A min non me pareceu orixinal, xa que é algo "relativamente normal" hoxe en día.
E dábanme ganas de lle berrar a Enmi "follátelo dunha vez"... aínda que estea mal dicilo.
Pero creo que isto sucede con frecuencia: agardas tanto dun libro ou dun filme porque cho recomendaron tanto, que ao final sempre defrauda.
Sinto, querido Xabi, as diferenzas!!!
A orixinalidade non estaría no tema en si senón en traelo á literatura. Aínda que tamén se podería falar de oportunismo. Eu que sei.
O conflito psicolóxico si que é normal: esas dúbidas, indecisións, contradiccións son do máis real, creo eu.
Xa vexo que ti es máis expedito/a no momento de tomar decisións. Qizais eu represente mellor o estereotipo galego da indecisión (jajaja)
É máis fácil dicilo... non sei. Pero, en fin, ela volveume un pouco tola con todas esas histerias... Non sei, está ben isto de desentir, non? Teremos que nos poñer de acordo en ler algún libro ao mesmo tempo e logo debatelo antes de colgalo no blogue!!!
Unha aperta
Eu hoxe estou con Sunset Park de Auster do que xa falastes no blogue...
Pero, cando remate (que será pronto pois lése case dun tirón) podemos escoller unha obra para ler en segredo e logo comentar. Gústame a idea. Admítense propostas.
Estou con Periferia. Cando o remate, falamos entón e poñémonos de acordo, se che parece. Vai ser emocionante!!!
Despoias de ler este texto danme moitas ganas de ler o libro, para que así eu tamén poida comentar o que me pareceu .
Estou bastante de acordo coa opinión inicial de que o libro é bastante frouxo para o éxito que acadou.
A técnica epistolar é cambiada pola de correos electrónicos e o único que fai o autor é darlle un tratamento estilístico a estes.
Tamén concordo en que a primeira parte déixase ler e logo aburre e irrita tanta reviravolta, ata o punto de que non o acabei e polo que dicides do final: fixen ben.
Eu xa lin as dúas partes e estou un pouco desencantada - desde logo mellor a primeira- é novidosa: a estrutura, o punto de vista, pero a historia, é a historia de amor, sen novidades.
A prosa está ao nivel dun mail, coidado pero non dá máis.
Moitísimas grazas ás dúas por verquer as vosas opinións: é o mellor deste post! Alédame ademais estar de acordo convosco, xa me sentía insegura con estas miñas opinións tan diferentes do mundo mundial. Agardo que non me abandoedes e sigades aí, noutros libros lidos e que poidamos compartilos.
Grazas e unha aperta
Publicar un comentario