Estamos a falar de nenas de 7 anos. Cales son os valores que se lles inculcan? Que tipo de educación reciben? Crerán algún día na Dignidade e na Igualdade?
Teñen delito quen merca estas revistas, pero máis o teñen os pais e nais que permiten isto. Acertado Guillermo cando fala de "carne de pederastia". Somos as mulleres un que ou un quen? Que estamos dispostas a facer? Inda por riba, os exemplos "reais" non aportan en positivo.
En Estados Unidos é moi común facer unha 'especie de concursos de beleza para nenas'. Alí todo vale: son peores as nais cás fillas, porque só teñen unha meta en mente: gañar o concurso. Aínda que sexa, case, maltratando as nenas. Como esquecer aquela película marabillosa que trataba precisamente este tema dende tan diferente óptica, "Pequeña Miss Sunshine"?
Pero nós, mestres e mestras, profesores e profesoras, seguimos cada día nas aulas, tentando afastarnos deste mundo que nos espanta asegurando que a "beleza está no interior".
Dende logo, semella que a nosa tarefa é "misión imposible". Ou non?

3 comentarios:
Non me puiden resistir...
Xa falaremos! As de 7, as de 6, as de 5...ata algunha de 3...
Canta responsabilidade pola nosa parte...Férveme o sangue con este tema...
Repugnante, demencial. Eu negueime a facerlle buratos nas orellas á miña filla cando naceu...non quería que sufrise sen necesidade. Ver isto e o que di destas mulleres adultas, a reprodución implacable do rol do que entenden por feminino é descorazonador. Menos mal que antes disto vin a campaña finlandesa de promoción á lectura. Casualmente estes días redescubrín unha foto da miña filla con 11 meses, durmida no berce coa súa chupeta e un conto a carón. Agora ten 17 anos, é unha gran lectora.
Pois só nos queda darche parabéns, porque con todo o que vemos... ás veces síntome moi pesimista, a verdade.
Publicar un comentario