Lin o outro día que morrera Isabelle Caro. Pensaredes, ¿e ti falando disto? Pero a noticia faise importante cando falamos dunha modelo que sufriu anorexia, que seguramente morreu como consecuencia desta, e que loitou os últimos anos da súa vida contra esta enfermidade.
Na miña vida profesional coñecín varias alumnas que padeceron esta enfermidade. A primeira, hai xa anos, en Ribadavia, encheume de temor. A mellor alumna de COU acabou case coa súa vida. Cando menos, remataron todas as súas aspiracións porque se converteu nunha enferma crónica, histérica e malhumorada. Non sei que será dela agora.
Tras dela coñecín outras.
Quizais non cheguei xamais a ver ningún caso como o desta muller. Pero non podo evitar enfadarme cando vexo os modelos continuos que dende os medios de comunicación nos impoñen. Non vexo moito a televisión, pero cando sento observo irritada os modelazos que nos presentan, unha e outra vez: unha muller delgadísima que semella vaia crebar. Non falemos xa de moda e sociedade. Para triunfar un pouco hai que ser delgadísima. Empezando pola Princesa.
As nosas alumnas e os nosos alumnos tamén fíxanse neste tipo e tentan asumilo. Para ser perfecto hai que ter unhas medidas case imposibles que se queren conseguir. E aparece a anorexia con todas as súas graves consecuencias.
Isabelle caro participou na campaña "No Anorexia" no ano 2007. "Quería espertar as conciencias sobre unha enfermidade que padecen moitas modelos". Eu engadiría que "non só modelos". Ela engadiu: "esta foto sen maquillaxe non me pon en valor. A mensaxe é forte: teño psoriase, o peito caído, un corpo de persoa maior". Medía 1,64 e pesaba 31 kg. Veríase gorda aínda?
A fotografía fíxolla Oliviero Toscani, antigo fotógrafo da casa Benetton.
Por certo, agora que xa conseguira alcanzar os 40 kg., ía gravar un vídeo musical co cantante suízo Vicente Bigler para seguir falando do problema da anorexia.

3 comentarios:
Completamente de acordo...
Graciñas, Cristina
Escalofriante realidade.
Aproveito para expresar o meu agradecemento e admiración polo voso blog. Seguide aí trafegando ronseis.
Publicar un comentario