Preparando o Día da Paz cheguei a este cómic (publicado en 1959 nos EEUU, no 2005 en España), Munro de Jules Feiffer, da editorial Astiberri. Sátira militar e política, onde un neno é recrutado para ir á guerra. Claro que tampouco era un neno calquera, senón que era un ser de 4 anos intratable e caprichoso que comprenderá que o mundo non é como parece. A ironía será comprobar como ninguén é quen de ver o que non quere ver, aínda que a nós nos pareza tan evidente. A crítica ao exército vén da man da obediencia cega e a ignorancia.
Moi bo.
Moi bo.
2 comentarios:
Non sei como está o cómic pero a curta é unha chulada.
A verdade que o cómic é moi bo. Creo eu.
Publicar un comentario