Campaña de Save the Children. Evitar que os nenos e as nenas asuman o exercicio da violencia como a forma "normal" de relacionarse a parella é unha prioridade.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
02/01/11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
2 comentarios:
O único que se me ocorre é pensar no papel que a educación xoga na prevención deste problema.
Xa sei que para algúns falar do sistema educativo é unha forma de "tirar balóns fora".
Porén, e malia que nos pese, temos unha responsabilidade social enorme.
Pero vexo, coma en outros temas, unha escasa sensibilidade no profesorado. Polo menos, esa é a miña limitada experiencia nun IES concreto.
Só nunha ocasión encontrei nos últimos dez anos unha xefa de estudos que respondeu positivamente ás miñas indicacións de alerta ante brotes de violencia entre o alumnado.
Logo confesoume que ela fora vítima de abusos e malos tratos na súa adolescencia...
Porén, creo que cada vez hai máis sensibilidade neste tema. Pero estamos ante o de sempre: hai de todo. Se miramos, por exemplo, os centros que están no PLAMBE ves que case todos eles tentan facer algo nestas datas. E é unha cantidade que medra cada ano.
Teñamos esperanza.
Agora ben, tamén che digo: que podemos facer? Coñezo un caso de violencia confesa polo fillo, falei coa nai e non quere denunciar nin dar pasos. Sabes como me sinto?
Publicar un comentario