Os meus sobriños e sobriñas recibirán esta noite a visita dos Reis Magos e deixaranlles a todos eles -nesta casa- só libros en galego (tendo como teñen de lingua materna o castelán). E un dos agasallos que recibirán será este: "O soldadiño de chumbo", da editorial Galaxia. Fermoso álbum ilustrado que coñecedes sobradamente pero que paga a pena nesta adaptación ao galego con DVD incorporado. Paréceme fermosísima a ambientación no Museo do Xoguete de Allariz.
O texto literario de H.C. Andersen foi adaptado ao galego e para os novos formatos dixitais por Xavier Senín, a partir da curtametraxe animada que Continental Producciones e Algarabía Animación presentaran hai pouco máis dun ano.
A creación segue a técnica do stop-motion e emprega os deseños de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña, entre outros.
1 comentario:
Un paso máis na tarefa de normalización dun país coma o noso que o ten case todo.
Publicar un comentario