Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/01/11

A Paz en Forcarei


En Forcarei tentamos falar de Paz. A primeira idea foi encher de grúas o corredor que vai á biblioteca, e unir esta celebración co "Ano dos bosques" forrando todo o chan. Pero o presuposto se nos disparaba (se hai que elixir entre calefacción e bosque, cal é a resposta?) e decidimos que o bosque veríase reducido ao pequeno vestíbulo que hai antes de iniciar o corredor da biblioteca. Alí tamén comezou a exposición de libros. No teito, grúas de cores e tesoiras, metáfora da fraxilidade da Paz. Ademais, o alumnado de Tecnoloxía realizou un muro, símbolo de todos eses valados que aínda hai que derrubar no noso mundo. Por suposto, poemas, cine, imaxes... percorrían o centro, xunto coa palabra "paz" en supertamaño. Quero dar as grazas ao meu alumnado de Diversificación, sempre disposto a axudar (máis que a estudar!), porque sen eles nada disto sería posible.
Xa sabedes as poucas posibilidades que nos ofrece este instituto para realizar actividades. Aquí podedes ver as fotos:






Esta exposición complétase con estoutra: “Os nenos soldado: nenos na fronte de guerra” que pretende reflectir a situación de milleiros de nenos e nenas que en diferentes partes do mundo participan directa ou indirectamente en conflitos bélicos. Lembrade esta entrada e saberedes quen ma prestou. Grazas, Ricardo.




O venres xuntámonos todo o alumnado da ESO para realizar a actividade: unha lectura dun texto que mestura historia, poesía e música escenificada polo alumnado de 4º de ESO (que non o fixo nada mal!) e algúns profes. Con cada novo poema o muro íase derrubando pouco a pouco. A música a cargo da nosa profe Isabel que fixo unha selección espléndida para acompañar.
Nós derrubamos o noso muro metafórico. Seremos quen de construír un mundo mellor?




(Quedamos sen vídeo?)

Esta é unha proposta musical de Isabel para acompañar o texto:






E se non coñecedes o por que das grúas aínda (leuse o texto en todas as clases, coido), aquí vai este vídeo



Pero que difícil se antolla a realidade fóra do centro, verdade?:


Foto: Fred Dufour /AFP. Tomada de The Frame /The Sacramento Bee

E estas son as lecturas que propón SM.

24 comentarios:

Carmen dixo...

Primeiro, felicitarvos polas actividades, segundo, pedirvos que tamén subades estas referencias como actividades pola semana da Paz: neste enderezo podedes atopar unha curta sobre o relato "O xogo da guerra" (de Carlos Casares) realizado por alumnos do IES Lagoa de Antela e que trata o tema da violencia na adolescencia: http://www.blogoteca.com/admin/index.php ; tamén se encontra a través do blog http://www.blogoteca.com/ofalarnontencancelas/ onde hai outros vídeos sobre o tema ; por último no blog lector http://www.blogoteca.com/nostamennavegar/ hai colgadas algúns textos pola paz.

Un saúdo.

Ronsel dixo...

Prezada Carmen: perdón polo despiste. Engadimos o voso traballo no anterior post: "Para o día da paz II". Moitas grazas.

Ronsel dixo...

Por certo, a primeira ligazón non me permite o acceso!

Carmen dixo...

Probade este enlace: http://www.blogoteca.com/ofalarnontencancelas/index.php?cod=92595#comentarios

Grazas por engadirnos a este superblog.

Ronsel dixo...

Engadido! Grazas

Fani dixo...

A actividade que realizamos pareceume interesante. Todos os do instituto estabamos emocionados. A verdade é que dende que Gracia chegou ao noso humilde centro de estudo todo pinta de outra maneira: décoranos os corredores sempre que hai unha data importante, realiza actividades relacionadas coa data e aportalle ao centro un aspecto novo. Pode que nós agora non lle damos a importancia que debería ter pero sei que co tempo, cando xa non estudemos en Forcarei, recordaremos a Gracia cun cariño especial.

Ronsel dixo...

Caramba, Fani, moitas grazas. Ogallá sirva para algo o traballo!

Zeus dixo...

Estou de acordo contigo Fani. A actividade foi moi interesante e moi traballada(polo muro, a música a seleción de poesías..) apesar de de que os nervios eran abundantes, pero xa podemos dicir que puxemos un troziño de nós a favor da paz, que é o mínimo que podemos facer. E como non, todo foi grazas a nosa profesora Gracia en especial.
Un saúdo.

carmen dixo...

foi moi bonito o día da paz cos poemas que recitaron

mar dixo...

pareceume un día da paz moi distinto o realizados os outros anos

rafa dixo...

claro sempre os de diver quee se non fora por noooos¡¡¡ pero si quedou moi ben e a todo o mundo lle gustou

iván dixo...

todo este traballo foi grazas a nós,terceiro diver,como sempre facendo de todo

yoli dixo...

estivo moi ben pero gracias a quen o organizou...

vanesa dixo...

A verdade e que non estivo nada mal ,creo que dalgún xeito ou outro todos colaboramos.

Noemi dixo...

O traballo que levamos facendo tantas grullas mereceu a pena, porque quedounos moi chula a exposición.E os dos outros cursos tamén colaboraron moito.

alex dixo...

Tesnos que levar a nós tamén a lerlle libros aos rapaces do cole e a traballar tan duro como traballan os de 3º diver. A verdade a actividade gustoume e grazas a eso perdemos clase e eso gustoume máis. A pesar dos nervios que creo que os tiñamos todos saiu todo bastante ben e a xente gústolle.
Grazas Gracia

carmen dixo...

pareceume moi interesante a actividade que fixemos e penso que debiamos de facer máis actividades coma esta .

santi dixo...

Estivo moi ben ese día, mereceu a pena ensaiar...

daniel dixo...

debían de ser así todos os días..para perder algunha clase

Belén dixo...

gustoume toda a actividade, pareceume entretida, tamén me pareceu ben que leran os profesores. Unha hora de actividade agradable.E isto todo grazas a nosa profe de galego Gracia¡¡

Aroa dixo...

Penso que estivo ben que xente se preocupara en organizar esta actividade,xa que sen ela...moitos e incluome nin recordarían o día da paz.
Isto foi unha boa forma de recordalo e de intentar concienciarse un pouco máis.

eduardo dixo...

Non estivo mal, foi un momento algo embarazoso por ter que ler diante de tantos compañeiros, non só para min senón tamén para algún compañeiro e algún profesor.

Alberto dixo...

Este día estivo moi ben e fixemos unha chea de actividades marabillosas para lenbrar este gran día.

alex villaverde dixo...

alfredooo gustoume moito o teu comentario,poste moi sentimental cando escribes,que bonito

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.