Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/02/11

Amor, amor, amor




Recollendo o imparable traballo que este mes se realiza nos blogues educativos:

Bicos pola nosa lingua, aviso dende o IES Valadares.

Unha escolma máis dos compañeiros do Equipo de Normalización Lingüística do IES de Elviña.

No IES San Paio festexan con poesías, pinturas e concurso o día do Amor:




O ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu propón poemas.

En Bibliomelide, concurso de cartas.

Nas Mariñas
, selección de libros, cinema e música.


Poesía en Bibliocervo.

En San Cosme de Antes, poema visual.

No IES Castro da Uz, concurso de caligramas.

No IES Rafael Dieste, corazón partío:



Dende o CEIP Andrade chegan estas lecturas con corazón. Máis libros en Bibliesada, quen tamén nos agasalla con este flipbook, ademais de falar do mito do amor:






No CPI San Vicente d'A Baña, Amor con Humor.

No IES Poeta Añón, cada ovella coa súa parella.

O IES Pedra da Aguia ofrece este poemario:




E o IES de Poio "mil e un poemas de amor":



Outra escolma poética no IES Fernando Esquío. E en Sanxenxo. Tamén en Vilán. Sen ir moi lonxe, en Vilalonga.

Tempo de amar e ler no IES María Casares.

En Malpica, lecturas con amor. E recomendacións literarias no Rincón da Fantasía. Máis na Fonsagrada.

En Mazaricos tres fermosas curtas de amor. E lecturas con corazón.

No IES María Casares de Oleiros, poesía de amor.

En Monterroso cambian guerra por amor.

No IES Pedras Rubias infórmannos de "Cancións para Paula". Ademais dun Glogster de libros e outro de cine.

No Ribeiro, concurso de cartas. En Biblioiris, algúns vídeos. En Porriño, "ler o amor"

Como non O Recanto de Mik, imparable: recursos. Tamén Na Doblada.

No cole de Quintela unha famosa carta de amor en galego. No IES de Viós, amor en galego: con bolboretas.

De sexo tamén se fala no Fernando Esquío, ademais de amor. Porque o amor está no ar.

A Biblioteca Sarmiento, que traballa sen esgotarse, ofrécenos varias entradas, mesmo unha fórmula matemática.

Claro que se estás nas nubes, tes que ir ao Río Cabe de Monforte.

CTNL recolle o amor na nosa lingua.

Afastándonos, neste blogue ofrécennos esta guía de lectura e todas estas apertas. Tamén, parellas.




Agora ben, ante problemiñas que xurdan no amor, escribide a Julieta.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.