Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/02/11

Compostela


Lembrades que cando falei de Ciudades de papel asegurei que o libro me namorara? Pois seguimos na mesma liña. Porque David Pintor, desta volta con Kalandraka e cinguíndose a Santiago de Compostela ofrece unha visión desa cidade amada dende a sensación e a vivencia, dende a lembranza e, por que non, o sorriso da melancolía.
Un pracer percorrer devagar as súas páxinas, sen pechar os ollos estaremos alí, querida cidade.




…Saia da casa, achéguese a esa acolledora cafetaría que tanto lle gusta. Pida un café ben quente, e mentres agarda a que llo sirvan, mire a través da ventá a fermosa paisaxe que se amosa. Fóra vai frío, pero dentro do local a temperatura é moi agradable. No ambiente déixase oír Estate na versión de Eliane Elías… O café xa está aquí, co seu aroma que aboia en cada recuncho. Agora si.


4 comentarios:

migramundo dixo...

Fantástico David Pintor como debuxante, e fantástico tamén como persoa. Saúdos.

Ronsel dixo...

Como debuxante, abofé que si. Como persoa, non temos o pracer.
Grazas pola túa visita.

Ernesto dixo...

E de Kalandracka, que ben! cria que era doutra editora e por iso non o merquei......mañá compro un exemplar seguro, xa!!

Ronsel dixo...

Vaiche encantar!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.