A Campaña Mundial pola Educación está traballando na SAME 2011 baixo o lema "A educación non é un conto: polos dereitos das nenas e as mulleres". Por que? Para lembrar que millóns de nenas e mulleres teñen moitas dificultades para acceder a unha educación de calidade. A actividade consistirá principalmente na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnados, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como a falta de educación marca a vida das mulleres e das nenas.
Máis información aquí.
Sen comentarios
Publicar un comentario