Un libro que non vos deixará indiferentes. Publicado por Alfaguara e escrito por Darina al-Joundi e Mohamed Kacimi, El día que Nina Simone dejó de cantar é a biografía de Darina, en primeira persoa, e do Líbano, de Beirut, da crueza da guerra e da fereza do ser humano, da intransixencia relixiosa e do anceio da liberdade. En realidade, a historia do Líbano forma parte da historia de Darina, porque non se pode entender a súa vida doutro xeito. Con ela, coa lectura da súa vida, coñecemos algo mellor aquela guerra cruenta -coma todas as guerras- e a convivencia coas balas: os ataques israelís, a loita relixiosa, o odio-amor palestino... A violencia chega a ser tan especial que os personaxes principais séntense perdidos fóra dela. Como durmir sen o ruído das bombas?
Unha das facetas máis importantes do libro é a liberdade con que son educadas as dúas irmás e a protagonista mesma. Algo que vai suscitar máis dun problema nunha sociedade marcadamente machista como a musulmá. Chama a atención o carácter de Darina e a súa perenne loita por encaixar libre nunha sociedade que pretende escravizala, como muller que é. Un séntese conmovido pola súa vida en permanente busca de algo mellor, algo que non sabemos se atoparía na súa fuxida a París.
Creo que é unha lectura altamente recomendable.
Aínda que o título fai referencia á incomparable Nina Simone (polo amor do pai á súa música), a canción de Fairuz aparece varias veces, e é realmente fermosa. Escoitádea: "Li Beirut"
Di Darina: “Nos quedaba la música, la voz de Fairuz, que nos acunaba de día y de noche, creo que desde entonces forma parte no sólo de mi memoria, sino de mi piel también”.

Sen comentarios
Publicar un comentario