Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/02/11

Forcarei con Paco Damas

Unha das actividades que realizamos no mes de decembro arredor da figura de Miguel Hernández foi ir a Santiago ao concerto de Paco Damas. Teño que declarar aquí a miña admiración pola miña compañeira Maribel, quen desde o seu entusiasmo conseguiu nada menos que puideramos escoitalo en directo. E teño que engadir que para min foi todo un descubrimento: Paco Damas non só falou de Miguel Hernández, non só axudou a recitar os poemas deste ao alumnado, non só soubo divertilo, senón que descubrín que compartiamos as mesmas preocupacións, posto que falou de violencia de xénero, de paz, de humanidade.
Non coñecía a Paco Damas, pero dende entón son a súa abosoluta admiradora.





E aproveitando que iamos a Santiago, fomos á Cidade da Cultura antes de ser oficialmente inaugurada, para ver a exposición "Ex-libris Gallaeciae. Dos libros de Galicia" que resultou un paseo moi interesante pola nosa cultura: "remite ao mundo da cultura escrita, libros e documentos que inicialmente nos recoñecen como pobo e posteriormente nos crean, achegando testemuño da nosa singularidade cultural. A exposición quere presentar o noso país como a suma de todos os afáns compartidos, Galicia representada e simbolizada polos libros e pola palabra que posúe".


Sempre en Galiza de Castelao



17 comentarios:

brais dixo...

Foi unha actividade bastante chula e a cidade da cultura está moi ben

martin dixo...

Estas son as tipicas actividades que nos gustan a todos porque son das que rompen a rutina, aprendes e te divirtes

rafa dixo...

gustoume porque o cantante era simpático

rafa dixo...

gustoume porque o cantante era simpático

iván dixo...

a min o concerto gustoume moito,en parte porque parecía moi gracioso

iván dixo...

a min o concerto gustoume moito,en parte porque parecía moi gracioso

Noemí dixo...

A excursión non estivo mal,pero podían habernos deixado mais tempo libre.

carmen dixo...

Foi unha excursión divertida aínda que ao principio non parecía interesante polo comentario de Paca Damas

Cristina dixo...

Gustoume esta excursión, paseino bastante ben. Só que tiñamos que pasar en Santiago todo o día.

yoli dixo...

Esta escursión foi interesante: primeiro fomos ver a cidade da cultura e despois a coñecer e cantar con Paco Damas: algúns alumnos leron poemas e moito mellor que o outro insti, sen dúbida

Fani dixo...

Bueno a min ,como os meus compañeiros, gústoume bastante a excursión aínda que como eu era unha das lectoras de poemas, púxenme un pouco nerviosa e cando ía chegando o momento de partir cara ao teatro onde actuaba tiña medo de ler mal pero ao final creo que todos os do IES Chano Piñeiro o fixemos bastante ben. Quizais o que máis me impactou da excursión foi a Cidade da Cultura que é verdadeiramente impresionante e recoméndolle a todo o mundo que a visite algunha vez e que se lle deixan fagan como fixemos os de ciencias o martes que escalamos unha das fachadas da Cidade da Cultura. A viaxe en xeral gustoume e a diferencia dos meus compañeiros, a min non me caeu ben Paco Damas, quen sí me encantaría coñecer é ao seu guitarrista, que se non recordo mal se chama Manolo. Como dixen non foi unha excursión que me disgustase pero tampouco foi das mellores que tivemos.

Eduardo dixo...

Esta escursión non estibo mal, fomos a ver a cidade da cultura, aínda que non estaba rematada, eu penso que o máis normal sería ir despois de que a acabaran. Tamén cantamos con Paco Damas e quedou abraiado coa nosa perfección cantando.

santi dixo...

Esta excursión foi moi divertida e vimos moitas cousas,pero o mellor foi o concerto que o pasamos todos moi ben cantando.

Bruno dixo...

Esta excursión foi moi divertida. Visitamos a cidade da cultura e o mellor foi que cantamos con Paco Damas no seu concerto.

Carmen dixo...

Esta excursión gustoume moito pero sen dúbida das dúas actividades nas que participamos a que máis me gustou foi o concerto de Paco Damas . Penso que deberiamos de facer máis actividades coma estas .

daniel dixo...

Gustoume moito o concerto con paco Damas,pasámolo moi ben todo o día

belen dixo...

Desta excursión gustóume moito o concerto de Paco Damas cántamos con el e divertimonos e hasta nos regalou un CD jaja

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.