Cando vin anunciada a publicación deste libro no blogue de Xerais tívome moi boa pinta; o argumento, a autora... Agora teño que dicir que me decepcionou a súa lectura. Non é nin de lonxe o libro que eu agardaba, non hai profundidade nos personaxes -uns personaxes que tanto poderían dar de si- nin hai credibilidade en moitos acontecementos que nos narra a novela. A historia da avogada-santa con cancro renxe. Os finais felices de todas elas producen denteira.
Fundación Libélula está escrito por Yashmina Shawki e constitúe unha denuncia social da situación das mulleres, unha denuncia, iso si, chea de esperanza (unha esperanza que temo non compartir). Creo que o libro ten unha moi boa intención respecto disto que non está ben conseguida, quizais porque a longura da novela non é suficiente, quizais por desexo da propia autora, quizais porque non soubo desenvolvelo. Supoño que hai que se quedar coa mensaxe de superación que nos agasalla para procurarmos sempre saír adiante. Boa intención non lle falta á autora, e sempre é de agradecer que se escriban libros para falar da situación de moitas mulleres na nosa sociedade, lonxe do melodrama e preto da realidade.
Porén, creo que é un libro moi recomendable para os clubs de lectura que proliferan nos centros de ensino de secundaria. O tamaño do libro e as historias de mulleres que nel se nos ofrecen poden dar moito de si nos nosos faladoiros. Creo sinceramente que se lle pode sacar moito partido, porque nos dá pé a falar da situación de moitas mulleres na sociedade actual, da inmigración, da prostitución, da violencia de xénero verbal, da drogadición e da alcolohemia. Da busca de oportunidades. E, mesmo, se existe realmente na nosa sociedade actual xente tan boa como a autora cre. A maldita sogra dunha delas pode dar, mesmo, moito de si.

Sen comentarios
Publicar un comentario