Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/02/11

Las sirenas de Belpescão


Las sirenas de Belpescão é "unha historia escrita e ilustrada por Magali Le Huche" e publicada pola editorial Flamboyant. Un álbum ilustrado moi, moi diferente, onde as protagonistas son tres mulleres adultas que procuran a súa liberdade. Como se da viaxe de Ulises se tratase, as tres deciden botarse ao mar e darlle a volta aos mitos: tres mulleres coa suficiente afouteza como para se converter en sereas que coa súa voz chegarán ata os seus homes que as buscan en terra.
Ademais, as ilustracións tamén se afastan dos canons aos que estamos afeitos: describen as escenas con moito humor, mesmo cunha emoción contida. Mesmo a tipografía do álbum é diferente.
Non coñecía nin editorial nin autora, pero está claro que deberemos botarlle un ollo aos seus outros traballos.

«Las tres amigas terminaron en el fondo del mar, en medio de burbujas y crustáceos. Lejos de desanimarse, se pusieron a nadar. Estimuladas por todas esas nuevas emociones, volvieron a hallar el placer de cantar. Muy pronto se sintieron como peces en el agua».

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Que pavero! Xa entran ganas de rir so coas imaxes

Ernesto dixo...

De onde síu? é para nenos?

Ronsel dixo...

Non che digo de onde saíu... Si, para todas as idades... pero nenos un pouco grandiños, creo eu.

carmen dixo...

este conto encantoume,e as imaxes son moi divertidas

martin dixo...

Este é un bonito relato que nos conta a istoria das sereas pero ao revés

yoli dixo...

O libro estivo ben, as imaxes moi boas.

rafa dixo...

estivo ben

martin dixo...

Este é un bonito relato que nos conta a istoria das sereas pero ao revés

Cris dixo...

Este libro está chistoso, ten unhas imaxes moi graciosas e ademais está ben iso de cambiarlle o sentido con respecto as sereas e o amor.

brais dixo...

o libro está moi ben pero o que máis me gustaron foron as ilustracións

Noemí dixo...

Este libro estivo moi ben e ademais tiña unhas imaxes moi divertidas.

vanesa dixo...

Este libro estivo moi interesante e moi divertido sen dúbida o que máis me gustou foron os debuxos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.