Gran Hermano enriquécenos:
Lembremos o vídeo que orixinou a nosa carraxe (recoñezo que me resistía a publicalo aquí porque provócame náuseas) :
E o traballo d'A Profa desenvolvido, tan pertinente:
Suxestións de actividades:
- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?
13 comentarios:
Asquiño!
"...Matemáticas eso me daba igual, pero las cosas que eran de estudiar tipo historia...o literatura..."
Digo eu, literatura española, loxicamente, os seus libros de textos serían en castelán, pero ahí a miña pregunta:¿ Hai libros de texto de Lingua e literatura galega en castelán?
A esta muller fáltanlle varias ferveduras!
Pero esta muller de que vai, pensa que e mellor ca nos por falar castellano, se non lle gusta o gallego non merece vivir en galicia, que vaia falar o spanglish a outro sitio.
"Y digo yo...habla gallego...y me dio un bajón"
Eu máis ben dáballe outra cousa...Pero sempre hai xente inútil neste mundo
Esta muller o que tiña é que defender a ligua galega non ridiculizala, que é eso de cando lle presentaron a un home e como falaba galego xa non lle gustou. un saúdo
Esta tía é parva de todo, se non quere falar o galego que non o fale pero que non o critique.
hai xente que non merece vivir e esta hai que...
Paréceme uha tipa totalmente ignorante e estúpida se non sabes falar a túa propia lingua non sei o que vas aprender a falar?
Se che parece que falar galego é de paletos o único que me queda por dicirche é que es subnormal.
Se non che gusta o galego polo menos practica o castelán para que non se che note o acento
non sei como pode haber tanta xente que vexa este programa cos ignorantes que hai
a esta tipa poñíaa eu a sacar esterco xa verias como o aprendia de vez
esta tipa é unha palurda ,mira que é paleta mima se non respecta o seu ninguen a vai respetar que pena que haxa xente así de inorante
Non sei como pode haber xente coma esta , se non lle gusta o galego que non o fale pero que non diga tonterías . E o contrario ca ela eu penso que hai moita xente nova que fala o galego .
Non comparto ningún destes prexuízos.
Vai traduzindo o texto polo simple motivo de que non ten cabeza.
Non, ela non o respecta.
A outra debeu de quedar un pouco sorprendida creo eu.
Pois so dí nun momento que creía que o galego era máis secundario.
Non, ela creo que nunca veu mundo, e antes de falar hai que ver e escoitar.
Creo que ela non ten conclusión ningunha, pero contradise a ela mesma.
Como ben dixen contradise a ela mesma.
A imaxe cambiou o 100%, pero bueno non me esperaba nada bo dela.
Depende, sempre hai xente pa todo en en todolos sitios, e xente pode avelos por moitos lugares.
Pois máis que nada malamente sorprendido, e sobre todo e especialmente pola aclaración que fai da ¨gheada¨ que pertenze a zona na que estou e por mais motivos tamén.
Só teño que dicir catro cousas máis:
¨Gente ignorante¨ ignorante é a xente coma ti que non tes respeto ningún.
¨Es una pena que nuestro propio idioma...¨ O noso propio idioma con xente coma esta e normal que poida ir a menos.
E eu non estou avergonzado de falalo, e ti tampouco debarías xa que non o falas, inculta.
¨A los gallegos nos sentó como una patada en el culo lo que dijo en Madrid¨, tamén me senta como unha patada no cú as burradas que dis ti. Das vergoña.
Publicar un comentario